O Camiño dos Faros
As nosas casas, Casa Fontequeiroso e Casa das Fiadeiras, atópanse a menos de dous quilómetros da praia de Nemiña, chegada da penúltima etapa do Camiño dos Faros (Muxía-Nemiña).
O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo de 200 quilómetros, coa que os camiñantes poderán descubrir a totalidade de faros da Costa da Morte e moitos outros puntos de interese turístico asombrosos. Esta ruta dividida en oito etapas que unen Malpica con Fisterra é ideal para os afeccionados ao sendeirismo de aventura, de natureza en estado puro, de cultura, de solidariedade e convivencia.
A primeira etapa permite descubrir lugares emblemáticos de Malpica. A ruta pasa por diferentes praias, as Illas Sisargas e, de igual modo, o faro de Punta Nariga. Todo iso ata chegar á praia de Niñóns. O itinerario guiaranos cara a Ponteceso, para continuar coa segunda etapa, e haberá que coller dirección Corme para chegar ao siguinte faro, o do Roncudo.
O próximo faro será o de Laxe e, seguindo a ruta pola costa, iremos cara a Ponte do Porto e logo cara a Muxía. Ao final do paseo marítimo de Muxía está o faro de punta da Barca, desde onde se pode divisar o faro de Cabo Vilán, situado en Camariñas. O seguinte faro por visitar será o de Cabo Touriñán.
O faro de Fisterra será o voso destino final, parando antes na praia de Nemiña, onde vos iremos a recoller con moito gusto para que gocedes dun merecido descanso nas nosas casas, Casa Fontequeiroso, Casa das Fiadeiras e Casa de Anxo e Samu.
Malia á dureza do percorrido, trátase dunha ruta única e inesquecible por lugares máxicos da Costa da Morte.