Camino de Santiago a Fisterra - Muxía
A diferenza das demais rutas xacobeas, este camiño no remata na capital compostelá, senón que ten alí o seu punto de orixe. Dende a Idade Media moitos peregrinos que alcanzaban Santiago de Compostela, decidiron continuar o itinerario ata chegar ao final da terra do mundo coñecido. Este tramo final, que estaba marcado pola Vía Láctea, tiña en Fisterra, antiguo Finis Terrae, a súa culminación.
A partir do S XII, o Códice Calixtino vencella estas terras coa tradición xacobea e sinala que os discípulos de Santiago viaxaron a Dugium, actual Fisterra, buscando autorización dun legado romano para enterrar o Apostolo en Compostela.
Pero non só Fisterra gardaba significacións xacobeas. Muxía, co seu maxestuoso Santuario da Barca, auténtico monumento de pedra aberto ao mar, volvíase tamén un reclamo para os peregrinos. Na Idade Media extendeuse a crenza de que a Virxe María acudira ao lugar nunha barca de pedra para dar ánimos ao Apóstolo Santiago na súa predicación polo noroeste da Península.
En canto ao percorrido, dende Santiago hai que dirixirse ata Negreira e, a continuación, a Olveiroa. A ruta permite descubrir diversos pobos e aldeas típicas e paisaxes naturais que non deixarán ninguén indiferente; todo iso ata chegar a Muxía ou Fisterra. A meta será no propio Santuario da Barca, no caso de que se decida ir cara a Muxía, ou, se non, no cabo de Fisterra.
Esta ruta é unha das máis solicitadas polos peregrinos que veñen ata Galicia para facer o Camiño de Santiago. Nos últimos anos tamén hai camiñantes que deciden realizar o camiño en sentido inverso, con orixe na costa e con chegada á Praza do Obradoiro.